por vigo_pesqueiro

Este pasado sábado tivemos unha visita na que percorrimos as orixes do Porto Pesqueiro de Vigo, no Casco Vello.  Admiramos a ría de Vigo, que grazas á súa fantástica protección e excelente calado estivo dende tempos ancestrais nas rutas comerciais do Atlántico e do Mediterráneo, tal como evidencian os achados arqueolóxicos nos denominados castros costeiros.

Falamos de romanos, primeiros industriosos da ría, e das suas luxosas “Villae”.  Xa avanzando no tempo, nos adentramos no pasado gremial do casco histórico, e nas moitas invasións que sofreu; como a do afamado corsario Francis Drake ou a dos franceses  nos tempos da Reconquista.

Pola Rúa Real chegamos  ata a Ribeira do Berbés, que foi  do gremio dos mareantes, e no que xa non hai “dornas” ou “bous” baixo os soportais mariñeiros.

Deixamos o Berbés,  e o “Percorre” levounos a visitar un dos grandes buques conxeladores que faenan no lonxano caladoiro das Malvinas.

Dámoslle as grazas a Lolo, quen nos amosou amablemente cada recuncho deste buque conxelador que se adica á pesca de sabroso calamar.

A actividade tivo o mellor dos peches amosando a riqueza que esconden as nosas augas: Un grupo de Golfiños!!

Grazas a todos @s participantes deste “Percorre” de Vigo Pesqueiro. Agardámosvos na seguinte actividade



Deja un comentario