O 19 de xuño Vigo Pesqueiro tivo un cometido moi especial… axudar a cumprir a ilusión de Rafael!
Días antes, desde Fundación Make-A-Wish Spain, entidade sen ánimo de lucro que ten como misión provocar ilusión nos nenos que padecen enfermidades graves, puxéronse en contacto connosco e aproximáronnos á curiosa e especial ilusión de Rafael. Polas súas orixes galegas, polo mar, pola súa comida, a Rafael fascínalle a comida galega e sentía especial curiosidade por coñecer Vigo, o seu Porto e a súa gastronomía.
A ilusión de Rafael cumpriuse cando el e a súa familia viaxaron a Vigo e, acompañados da nosa Guía Oficial de Vigo Pesqueiro, puideron coñecer a historia da nosa cidade, entrar no Porto de Vigo, coñecer diferentes especies de marisco na cetaria, degustar pratos tradicionais galegos como o polbo, o lacón, os mexillóns e, finalmente, coñecer a Puri (anfitrioa por excelencia da Vila de Bouzas), quen lles regalou un exemplar do seu libro “Bouzas Olladas Salgadas“.
Desde Vigo Pesqueiro, queremos agradecer a tod@s os que nos axudaron a cumprir a ilusión de Rafael:
A María, nosa guía; a Juan, do viveiro; ao persoal do Restaurante; a Eduardo, taxista que se encargou de levar a Rafael aos destinos da súa ilusión; a Puri e a súa querida Vila de Bouzas; e á Autoridade Portuaria de Vigo.