Xornada de Sementeira cos mariscadores de Vigo no areal da ETEA
Inauguramos o mes de maio pesqueiro cunha fermosa xornada na que axudamos aos mariscadores na sementeira do areal de Ríos, na xa desmilitarizada ETEA, base militar do interior da ría.
Aos nos@s vigopesqueir@s tocoulles madrugar un pouquiño: Atopámonos ás 10.00 no parking da praia da Punta. Puxemos en valor o patrimonio da contorna, pola que pasa a senda azul, por puntos destacados como a ermida ou a carballeira da Guía; os petróglifos de Pedras das Augas ou de Gondesenda; o Faro da Guía , segundo faro máis antigo de Galicia despois da Torre de Hércules; ou os areais de Areíño, Temoeiras, A Punta ou Ríos (o noso destino marisqueiro)
A parroquia de Teis estivo poboada dende tempos inmemoriais, e a día de hoxe é unha das máis poboadas de Vigo. A industralización dende o século XIX fai que os seus areias énchanse de fábricas de salazón, en mans dos industriosos cataláns, así como de fábricas de conservas e pequenos estaleiros, por iso, e tamén pola sobreexplotación, perdéronse parte dos bancos naturais marisqueiros, e agora a través de sementeiras trátanse de repoboar con cría.
O primeiro de todo é preparar o terreo, preparar a area, facendo surcos, como se de prantar patacas se tratase.
Tiñamos un grandísimo apoio con tanta man de obra.
Mentres traballamos aprendimos moito de todas as explicacións dos mariscadores. Recalcaron como no areal da ETEA había un banco natural, e incluso conta cun verdadeiro, unha pranta mariña, “a Zostera” , que é un indicador de riqueza ambiental e onde moitas especies, como cabaliños de mar, ou os chocos para desovar atopan refuxio.
Contáronnos que alén de mariscadores a pé tamén hai mariscadores a frote, que levan unha vara que pode chegar a medir 20 metros!!!
Á vez que sementabamos a cría de ameixa nos surcos feitos, vimos como numerosos depredadores se achegaban ás nosas recén sementadas ameixiñas, coitadas! Agardamos que aguanten!
Para rematar o traballo, botamos area seca…. non mollada! Pois as ameixas teñen sifóns para respirar e senón podemos afogalas!
E así rematamos, acababa o tempo de actividade pois a marea estaba a subir
Esperabamos unha boa colleita. Graciñas aos mariscadores e a todos participantes por esta xornada marisqueira!