por vigo_pesqueiro

Comezamos as actividades de verán “Vigo Pesqueiro” con grupos de participantes que  están a disfrutar das súas “Vacacións de Verán” en campamentos dunha semana de duración organizados pola “Asociación Special Olympics”,  que traballa para promover a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte, o ocio, a cultura e o voluntariado. Os moz@s veñen de distintas zonas de Galicia, e temos a sorte de que escolleran o Vigo máis pesqueiro para disfrutaren do seu tempo de lecer.  Durante todo o verán, e  a través dunha  boa selección das actividades de “Vigo Pesqueiro”,  percorrerán  a importancia que a pesca tivo e ten na orixe e  crecemento industrial da cidade,  coñecerán as historias do temido corsario Francis Drake, ou a dos  tesouros de Rande.

Tamén navegarán a historia industrial da ría, clave para o desenvolvemento da nosa cidade a través de elementos tan característicos como antigas conserveiras, canteiras ou fábricas de salazón; 

e algo máis dentro do seu programa de actividades: Descobrer  o centenario mundo da construcción e reparación naval nos  “Estaleiros Cardama”,

que na actualidade están  consolidados como un dos estaleiros constructores de buques máis prolíficos de España, destacando a súa experiencia en proxectos de ámbito internacional.

Moi agradecidas a Special Olympics  por incluirnos na súa programación de lecer estival

Feliz Verán para tod@s!!



Deja un comentario