por vigo_pesqueiro

Ás veces resúltanos complicado atopar opcións de lecer  cando viaxamos  en familia, sobre todo cos máis peques. Se este é o voso caso , animámosvos a sumarvos á experiencia VigoPesqueira en familia, seguro que non vos defraudará.

A semana pasada contamos  cunha  familia procedente de Madrid coa que realizamos a actividade “Percorre Porto Pesqueiro + Viveiro” . Comezamos  a nosa actividade ás 10.00, visitando os edificios das lonxas, e ainda que a subasta ten lugar ás 5 da mañá, ainda nos atopamos con algún “peixiño”; así por exemplo con este rape, que nos deixou coa boca aberta a todo o grupo. Pesaba nada máis e nada menos que 17 Kilos!!

Despois de visitar a Lonxa, dirixímonos cara o viveiro, e de camiño,  atopámonos cunha descarga do máis interesante

O último punto da visita desenrolouse no interior do viveiro “López Novoa pescados y mariscos”. Agradecémoslle a Bruno por cedernos o seu tempo e por ternos recibido tan amablemente. Ademáis,  os máis cativos tiveron incluso a oportunidade de ver e tocar aos que viven no fondo do mar.

Desde VigoPesqueiro dámoslle ás grazas por ter confiado en nós.

Como vedes trátase dunha boa opción de visita para tódalas idades.



Deja un comentario