por Vigo Pesqueiro
O 23 de febreiro tivemos unha visita moi especial, @s alumn@ s de 4 e 5 anos do Colexio San José da Guía, da man d@ s usuari@s do Centro de Día Beiramar AFAGA Alzheimer viñeron coñecer o Porto Pesqueiro de Vigo e o viveiro de mariscos López Novoa co seu proxecto a “Gaivota Carlota”, que viaxa en busca dos seus recordos perdidos nunha forte tormenta.
Á súa chegada ao porto os dividimos en dous grupos: mentres @s “ abuelit@ s” de AFAGA visitaban a Lonxa coa clase de 5 anos e acompañados de nosa guía María; a clase da “ profe Yoli” de 4 anos visitaba o viveiro de mariscos.
Foi unha actividade moi emocionante para todos… Había usuarios do centro que coñecían as instalacións do Porto por traballar nel, e supuxo o reencontro con antigos compañeiros, recordos, sentimentos… Doutra banda, ver aos e ás pequenas gozar tanto cos mariscos, coas historias de nosa guía María, e coa sorpresa ao ver grandes cantidades de xeo, etc. fixo que sigamos conservando o sorriso dúas semanas despois. O día de sol acompañounos para que todos, maiores e pequenos gozásemos dunha gran experiencia.
Moitísimas grazas pola confianza depositada en FUNDAMAR e en Vigo Pesqueiro para o voso proxecto. Esperamos volver vervos a tod@s moi pronto e que nos sigades sacando miles de sorrisos 🙂


Related Post

Deja un comentario