O mércores 26 de outubro, no salón de actos de Fundamar-ARVI terá lugar o primeiro Congreso de Turismo Industrial Galicia-Norte de Portugal. Ás 10, as autoridades recibirán aos 60 participantes que durante toda a mañá asistirán a un bo número de pequenas exposicións por parte de especialistas en turismo industrial. Experiencias de promoción, de creación de produto, de márketing ou do día a día dun centro de turismo industrial poñerannos ao tanto dunha parcela do turismo cultural que crece en importancia cada ano.
A continuación os congresistas trasladaranse ao Museo do Mar de Galicia, onde poderán degustar produtos do mar, cedidos por algunhas das empresas presentes no proxecto, antes de embarcarse de regreso ao porto tras un breve paseo pola nosa ría.