por Vigo Pesqueiro

Cando estamos a piques de comezar unha nova etapa, parécenos un momento oportuno para botar a vista atrás. Imos lembrar como foron os nosos primeiros pasos, dados na segunda metade do ano pasado.

13600296_1713189388931989_2508789337348422725_nNo mes de xullo de 2016 presentabamos un proxecto. Era un simple borrador, pero o noso obxectivo estaba moi claro: queriamos dar visibilidade á gran industria pesqueira de Vigo. Javier Touza, presidente de Fundamar, presentaba Vigo Pesqueiro flanqueado polos representantes sindicais e os membros da asistencia técnica. A presenza da concelleira de turismo de Vigo, Ana Laura Igrexas, apoiaba ao novo proxecto de turismo industrial que estaba a piques de poñerse en marcha.

14581586_1754418324809095_4047571432157899237_n 14595549_1761004067483854_4271650128770311800_n

Nos seguintes meses realizamos un traballo xordo; era o momento de dar vida ao proxecto. Sucedíanse as reunións con empresas e institucións interesadas en formar parte de Vigo Pesqueiro. Realizábanse actividades de formación para as empresas visitables. Organizábanse as diversas rutas. Confeccionabamos os nosos materiais promocionais e poñiamos en marcha a nosa páxina web e as redes sociais. Xa estabamos preparados.

 

O 23 de outubro realizamos a nosa posta de longo. Acompañáronnos o noso alcalde, Abel Caballero, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga. A xornada consistiu nunha presentación completa, cunha posterior visita a un gran barco pesqueiro. Quedaba desvelado o sistema de funcionamento de Vigo Pesqueiro, un produto destinado a liderar o turismo industrial en Galicia.

14657333_1759905647593696_5606530812523316728_n 14639862_1759712830946311_8278766734022960058_n

A primeira gran actuación de VP consistiu na organización dun Congreso de Turismo Industrial Galicia-Norte de Portugal. O 26 de outubro o salón de actos de ARVI poñía o cartel de completo. Especialistas en turismo industrial, xornalistas especializados, blogueros de turismo, guías profesionais, representantes da administración local, provincial e autonómica, do mundo da pesca e doutros produtos de turismo industrial de toda Galicia e do norte portugués compartiron unha intensa xornada na que, ademais de mostrar VP, facíase un repaso de toda a actualidade do sector, cunha interesante posta en común de inquietudes e iniciativas.

14705835_1760996494151278_3621564997420659516_n 14713532_1760729374177990_6080434102156692929_n

A xornada finalizaba cunha degustación de produtos pesqueiros no Museo do Mar de Galicia e cun paseo en lancha pola ría de Vigo. Estabamos en marcha.

14884712_1761272610790333_8174460078567633246_o 14718692_1761004057483855_1988589194010234275_n

Non só temos que agradecer o apoio de empresas, institucións e entusiastas particulares, tamén temos que recoñecer a excelente resposta dos medios de comunicación; constantemente facíallenos ver que era un produto moi demandado desde hai tempo.

 

O 5 de novembro realizabamos nosa primeira ruta: un paseo por todas as zonas representativas do VP, finalizando coa visita ao interior dun gran pesqueiro recentemente chegado das Malvinas.

15109373_1772750199642574_2358982913157237891_n

Seguiron moitas visitas máis: xornadas de PERCORRE nas que, partindo da Oficina de Turismo, camiñabamos polo Vigo máis pesqueiro para finalizar visitando barcos. Xornadas de DESCOBRE, nas que visitabamos elementos concretos, como o Estaleiro Cardama, que cumpría 100 anos, como o Planetario do Instituto Náutico Pesqueiro ou empresas como Nova Pescanova. Ao terceiro tipo de ruta denominámolas NAVEGA, nelas paseamos pola ría mentres coñecemos a historia industrial de Vigo, a realidade actual da construción naval ou mentres unha científica móstranos por que nosa ría é un ecosistema tan produtivo.

14563373_1766186820298912_2042072476468930578_n 14462991_1745121135738814_9054524192410795237_n 15380394_1783387568578837_3059130207536078810_n 15073455_1769589596625301_4958754296950667141_n 15232102_1779548415629419_5911653302206341326_n 14906831_1766196743631253_342461183993192947_n 15181706_1777601349157459_1131239851896000453_n 14563373_1766186820298912_2042072476468930578_n 15380394_1783387568578837_3059130207536078810_n 15073455_1769589596625301_4958754296950667141_n 15232102_1779548415629419_5911653302206341326_n 14906831_1766196743631253_342461183993192947_n 15181706_1777601349157459_1131239851896000453_n

En conclusión, nestes dous meses de vida unhas 500 persoas apoiaron as nosas actividades, o que nos fai ser moi optimistas con respecto ao futuro de VP e de todo o turismo industrial.



Related Post

Deja un comentario