Resumo dalgunhas das nosas actividades dentro dos Percorre, Navega e Descobre que forman parte do proxecto VIGO PESQUEIRO +info: +34610312685 www.vigopesqueiro.com
UN NOVO PASO ADIANTE PARA POÑER EN VALOR O PATRIMONIO INDUSTRIAL DA RÍA
O sábado 5 de maio deuse un paso adiante para a posta en valor do patrimonio industrial da Ría de Vigo, da man de Manuel Lara, presidente da asociación galega de patrimonio industrial “Buxa”, e a bordo de Piratas de Nabia, @s Vigopesqueir@s tivemos a oportunidade de coñecer que cada recuncho da nosa ría
A PASADA SESMANA CRECEU A NOSA FAMILIA DE VIGO PESQUEIRO INTERNACIONAL!!!
O mércores 25 estivemos cun grupiño de Hungría e o xoves 26 cun Liceo de Burdeos que estaba de intercambio co instituto Castelao de Vigo. Ámbolos grupos estaban interesados en visitar o Porto do Berbés, por ser como eles mesmos definiran, “o atractivo máis importante da cidade” . Ao final da visita entenderan que Vigo
VIAXE AO PASADO NA VILA MARIÑEIRA DE BOUZAS.
Este sábado, acompañados da responsable do Museo ANFACO e dun bonito día de outono, tivemos a oportunidade de percorrer as rúas da antiga vila de Bouzas, penetrándonos no seu patrimonio histórico e industrial. O percorrido comezou na antiga fábrica conservas de peixe de Bernardo Alfageme, que condensa a historia industrial da cidade olívica por tratarse
PASEO POLA RÍA DE VIGO NO NAUTILUS
“Pues bien, señor Aronnax, estamos en la bahía de Vigo y sólo de usted depende que pueda conocer sus secretos”. Así se refería o Capitán Nemo aos tesouros ocultos da Ría de Vigo en “Veinte mil leguas de viaje submarino” de Julio Verne; e así comezaba a nosa viaxe o pasado sábado, 21 de outubro.
VISITA Á LONXA DE MARISCOS CON VIGO PESQUEIRO!
O pasado 8 de agosto tivemos a oportunidade de guiar con Vigo Pesqueiro, a un grupo de turistas procedentes de Alemaña, Barcelona, Madrid, e turistas locais de Vigo que aprecian a nosa gastronomía e a nosa historia. Comezamos a visita cun percorrido polo Porto Pesqueiro de Vigo, aproximando aos participantes aos datos máis xerais dun
UNHA FOODIE POLACA CON VIGO PESQUEIRO
O pasado 18 de Xullo tivemos a oportunidade de guiar con Vigo Pesqueiro, a unha blogger gastronómica Polaca; unha ?Foodie? con moito interese pola nosa gastronomía, os nosos produtos e a nosa historia. Comezamos a visita cun percorrido polo Porto Pesqueiro de Vigo, aproximando aos participantes aos datos máis xerais dun dos enclaves pesqueiros de
TALLER DE MARISQUEO CON APAMP
O pasado 12 de xullo tivemos a fortuna de poder organizar, xunto coa Agrupación de Mariscadores/as “Illa de Toralla” un taller para os nenos e nenas do campamento de verán de APAMP Vigo. Unha trintena de nenos e nenas entre 5 e 12 anos puideron gozar dun día cheo de aventuras e anécdotas marisqueando cuns
VIGO PESQUEIRO NO VIGO SEAFEST!
O pasado 7, 8 e 9 de Xullo tivo lugar o Vigo SeaFest, un festival que vén para quedar, cheo de cor, bo ambiente, música e moito peixe, promovido e organizado por un dos patróns de FUNDAMAR: a Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI), O Vigo SeaFest ponse en marcha co obxectivo de
VIGO PESQUEIRO NO VIGO SEAFEST
Estas son as actividades que organizamos coincidindo con Vigo SeaFest, Festival ARVI do Peixe, para os próximos días 7, 8 e 9 de xullo. Esperamos contribuír a que se coñeza mellor o noso porto e como é a vida das persoas que traballan nel. Podes comprar as entradas das actividades no noso stand de