O sábado 5 de maio deuse un paso adiante para a posta en valor do patrimonio industrial da Ría de Vigo, da man de Manuel Lara, presidente da asociación galega de patrimonio industrial “Buxa”, e a bordo de Piratas de Nabia, @s Vigopesqueir@s tivemos a oportunidade de coñecer que cada recuncho da nosa ría agocha unha intensa historia industrial que chegou a ser posible grazas a empresarios inxeniosos que trouxeron a estas localidades as maiores innovacións da época.
O punto de saída e chegada foi a Estación Marítima de Vigo. Zarpamos ás 11.00 e tivemos dúas horas para disfrutar do patrimonio industrial dende o mar. O día estaba claro e soleado e foi un paseo do máis agradable.
Nesta ocasión achegámonos ao patrimonio da zona Norte da Ría: factorías Vulcano, Conservas Virci, Pescanova, a fábrica de salgadura do Barrio da Portela ,a Illa de San Simón ou a fábrica de Confeccións Regojo, foron algún dos recursos comentados.
Dende FUNDAMAR e o seu programa Vigo Pesqueiro continuaremos coa nosa misión de apoiar a difusión do noso fermoso e inigualable patrimonio pesqueiro e industrial, así como de facer disfusión de productos desestacionalizadores como estas visitas de Patrimonio Industrial.
Anímaste a participar na seguinte?
Aquí podes ter toda a info:
Telf. 610 312 685//e-MAIL: info@vigopesqueiro.com