Durante os meses de xulio e agosto de 2020 os participantes de Special Olympics coma nos últimos anos, percorreron algúns dos espazos máis emblemáticos que temos, O Parque Forestal de Beade, o Parque de la Riouxa, o Parque do Castro, o Museo da Conserva, e unha travesía marítima ao interior da Ría de Vigo.
Sen dúbida o paseo en catamarán foi a actividade mais salentable, e o añadido do Turismo Industrial que teñen éstes minicruceiros polo litoral vigués, hay que valorar a implicación do Turismo Mariñeiro dos pasaxeiros con toda unha vivencia de navegación.
Outra visita que sorprendeu foi a do Castro, coa súa Fortaleza en adecuación a estes momentos, nunha posta en valor nunca antes coñecida, nun dos nosos monumentos máis visitados polos turistas. Os miradoiros postos en valor como dinamizador turístico, os xardéns da Ruta da Camelia, as vistas ao Porto de Vigo, o esparcemento no gran pulmón verde do centro da urbe olívica, a vida animal, as formas ornamentales, os recordos da Batalla de Rande, o xacemento castreño, as pescantinas no recordo, a historia visual e a historia recordada de que en outros tempos foi unha vila de orixen humilde e mariñeira e que agora é maremagnum de anécdotas.
Tamén as excursións ao Parque Forestal de Beade non deixaron máis que unha pegada que perdurará na memoria dos nosos visitantes, e nunca mellor dito, xa que realizamos varios treitos dos sendeiros que únense neste tamén espacio medioambiental de primeira orden no noso Concello: o PRG 5, o Sendeiro do Río Eifonso, onde camiñamos os últimos metros da ruta. O GR 53 o Sendeiro Panorámico de Vigo, asimesmo, percorrendo un kilómetro aproximadamente, o GR 58 o Sendeiro das Greas, coincide co
Gran percorrido vigués nesta parroquia de Beade, a senda local de Beade a Bembrive. Como non podía ser de outra maneira, no mirador novo, recordamos os cerezos do Jerte Gallego, e o recordo do século pasado na Rúa Real de Vigo e a famosa leiteira servindo as cinco da mañá aguardente con unha guinda de Beade, e con forma de corazón a os mariñeiros e pescadores en xeral, do Berbés. O ocio neste monte próximo ao CUVI permítennos ofrecer un espacio para comer ou descansar da actividad de Turismo Activo.
Outra visita pintoresca foi a do Parque da Riouxa, de outro arquitecto catalán, Ricardo Boffil (padre), do ano 92, coa Pérgola inspirada na arquitectura Grega, os paisaxes a Frigalsa, Nova Pescanova, o estillero do Grupo Rodman, o Monte da Guía, e, en xeral, aos aredores de Teis, na Ría, embarcaronnos nunha hora de diversión onde nosos amigos cantaron no anfiteatro ao aire libre, percorreron o bosque anexo, coñeceron a cancha da Petanca e Chave, escoitaron fabular sobre a fonte, a súa estatua, a Pérgola, os estanques de rás, o paseo mirador, e un sinfín de vivencias baixo un tórrido día de calor no verán do ano 2020.
Cando non foi posible realizar algunha das actividades ao aire libre porque o tempo non nos acompañou, visitamos o Museo da Conserva, ao que agradecemos a súa xentil atención. Descoñecido para moitos vigueses e viguesas, recordounos cómo a industria chegou do mar e a importancia que tiveron as empresas conserveiras na cidade e a súa pegada na arquitectura, o Alfageme que inda temos en Beiramar – Tomás Alonso, o rañaceos de Curbera, o laureado catalán de Miralles no edificio do mesmo nome que a Cidade universitaria foi outra visita, e moito máis que fumos descubrindo o entorno museístico.
Para FUNDAMAR, a través do seu programa Vigo Pesqueiro, é un pracer achegar a importancia do sector mar-industria dunha maneira inclusiva, integral e disruptiva e que a entidad Special Olimpics e o Concello de Vigo conten con nós para elo.