O pasado 11 de agosto tivemos a oportunidade de guiar con Vigo Pesqueiro, a un grupo de turistas procedentes de Madrid e Asturias , un grupo de nen@s, e varios turistas locais que aprecian a gastronomía e historia de Vigo.
Comezamos a visita cun percorrido polo Porto Pesqueiro de Vigo, aproximando aos participantes aos datos máis xerais dun dos enclaves pesqueiros de referencia en todo o mundo.
Puideron pasear polas instalacións do Porto, coñecendo as distintas artes de pesca, a capacidade dos barcos que atracan no Porto de Vigo, as distintas especies que capturan e descargan na Lonxa de baixura e coñeceron a “Lonxa do Reloxo”.
A actividade finalizou visitando unha das cetarias máis importantes da nosa cidade, xa que leva máis de 35 anos traballando a nivel nacional e internacional, sendo esta a terceira xeración ao mando do viveiro de mariscos López Novoa. Alí observaron as diferentes especies que se comercializan na cetaria, os prezos no mercado e a alimentación que se lles dá para mantelos vivos e frescos!
Dende Vigo Pesqueiro queremos agradecer a desinteresada colaboración de todas as entidades que fixeron posible esta visita, sen eles non sería posible alcanzar os obxectivos que o programa persegue: aproximar á cidadanía un dos sectores máis importantes a nivel económico e social do noso territorio e que configuran a nosa identidade.
Para máis información sobre as nosas rutas, podes contactarnos neste correo: info@vigopesqueiro.com ou chamando ao: 610312685