O Mar nunca estivo tan preto!
Nesta ocasión querémosvos presentar unha das nosas novas actividades: O Mar dos Sentidos! Unha actividade onde a poboación infantil e xuvenil, pódense achegar e explorar a contorna do mundo do mar dunha forma estimulante a través dos sentidos (olfacto, vista, gusto, tacto e oído), mediante a realización de diferentes actividades sensoriais desenvoltas na contorna natural
Campamento Veran Vigo Pesqueiro 2024
Nótase o verán está ao virar a esquina… Volven os campamentos do Verán Vigo Pesqueiro 2024!! Por se nos botábades en falta aquí volvemos cunha segunda entrega, e este ano traemos novidades! Os pequenos da familia poderán disfrutar dun auténtico campamento mariñeiro do 1 de xullo ao 9 de agosto, con semanas cheas
Adentrándonos nas valvas dos Bivalvos
Desde Vigo Pesqueiro temos unha actividade que sempre fai moita ilusión aos pequenos (e non tan pequenos), onde poden mergullarse de cheo no marisqueo como auténticos profesionais. Este é o Taller de Marisqueo! Para realizar a actividade, como non, adentrámonos na praia, onde coa axuda dun verdadeiro mariscador podémonos achegr e coñecer de
Explorando o corazón do porto de Vigo!
Revive connosco a experiencia da nosa visita guiada polo porto! O 5 de abril, mergullámonos nunha xornada chea de aprendizaxe e diversión mentres explorabamos o noso porto local. Acompañados polos alumnos da ESO do IES Álvaro Cunqueiro, puidemos penetrarnos no corazón do porto e presenciar de preto a actividade marítima-pesqueira. Desde barcos máis pequenos, como
Enrólate no Club Vigo Pesqueiro!
CLUB VIGO PESQUEIRO 2024 Apaixónache o mundo marítimo e o sector pesqueiro? Queres coñecer máis de preto todas as súas características e segredos? Gustaríache apoiar o programa Vigo Pesqueiro e aportar ideas para as súas actividades e visitas? Pois enrólate no CLUB VIGO PESQUEIRO 2024 e descubre moito máis sobre o mar, a pesca e
Desfrutando da Semana Santa con Vigo Pesqueiro!
O martes 4 de Abril tivemos unha das nosas visitas habituais ao porto e ao viveiro de mariscos, onde nos acompañaron persoas de diferentes lugares sendo para moitos deles a primeira vez que visitaban a cidade de Vigo. Tanto os adultos coma os nenos estiveron moi participativos en toda a visita, na cal puideron na
E co vento chegamos a Vigo dirección Santiago
O 22 e 23 de xullo chegaron ao porto de Vigo varios dos grandes veleiros clásicos que participaron no Roteiro Iacobus Maris. Menuda maravilla ver cómo estas embarcacións adentrábanse na ría coas súas velas depregadas. Un verdadeiro espectáculo!. Ademáis puidemos ver de preto como as súas tripulacións traballaban para amarrar ditos barcos no porto. Para
Ao Vigo SeaFest nunca faltamos!
Nesta edición do Vigo SeaFest 2022 organizamos de novo diversas actividades, coas cales quixemos introducir a importancia que ten o mundo marítimo pesqueiro na nosa cidade. Entre elas destacaron as Visitas a Lonxa de Peixe de Vigo, onde xa de madrugada puidemos ver o ajetreo que se vive no porto, as tarefas que se levan
EXCURSIÓNS CON SABOR A MAR
Esta semana os nenos e nenas do CEIP García Barbón viñeron a coñecer o Porto de Vigo, e sobre todo con moitas ganas de divertirse ademáis de aprender. Algúns deles xa tiñan coñecementos do noso vocabulario mariñeiro e puideron úsalo durante toda a visita, onde a nosa guía facía de capitá e eles, como bos
FUNDAMAR ADAPTA MATERIAL DE VIGO PESQUEIRO AO BRAILLE
Co apoio da Deputación de Pontevedra, FUNDAMAR, durante o ano 2020, elaborou e adaptou o material de resumo da Ruta Patrimonio Industrial de Vigo Pesqueiro, en formato braille, para a difusión dos principais fitos históricos no desenvolvemento industrial do sector en torno á Ría de Vigo, e a súa pegada na paisaxe cultural de interese
FUNDAMAR DESENVOLVE DOUS FAMTRIPS NO MARCO DO PROGRAMA VIGO PESQUEIRO PARA ACHEGAR O SECTOR PESQUEIRO Á CIDADANÍA
As actividades desenvolvéronse o venres 18 e o sábado 19 de decembro, e contará coa presenza de distintos axentes relacionados coa cultura, o lecer e inclusión así como creadores/ as de contido dixitais referencia. Co apoio da Deputación de Pontevedra, FUNDAMAR, a través do programa de actividades Vigo pesqueiro, realizou dous FAM TRIPs (actividades de
RUTA DA ARQUITECTURA DA SARDIÑOCRACIA
O pasado 11 de setembro desenvolvimos un percorrido en vertical e hacia abaixo percorrendo os exteriores dos edificios que se construíron no século XX, y que aínda quedan no centro de Vigo, pertencentes aos empresarios da industria do mar, sobre todo conserveiros, donos de astilleros, antiguas familias provenientes dos formadores cataláns e as súas fábricas
CAMIÑO DE SANTIAGO POLA COSTA ENRAIZADO NO MAR DE VIGO PARTE II
O pasado 4 de setembro camiñamos dende a Rúa da Ribeira do Berbés, falando da Rúa Real, Basílica de Santa María, Oliva, Gamboa, atravesamos a Rúa Carral, Victoria, a Alameda, o Areal, e chegamos á Avda. García Barbón xa anoitecendo. Foron case dos horas e media de explicacións ao longo de este treito, andando e
O CAMIÑO DE SANTIAGO POLA COSTA ENRAIZADO NO MAR DE VIGO PARTE I
O pasado 14 de agosto percorrimos a pé o tramo del Camino Portugués polaCosta dende i Museo do Mar de Galicia hasta o Berbés. O obxectivo foi mostrar os valores patrimoniais e industriais a carón desta Ruta Oficial de Peregrinación, co fío condutor do camiño que tantos peregrinos percorreron co paso dos séculos. Durante o
VENTO MAREIRO
Durante os meses de xulio e agosto de 2020 os participantes de Special Olympics coma nos últimos anos, percorreron algúns dos espazos máis emblemáticos que temos, O Parque Forestal de Beade, o Parque de la Riouxa, o Parque do Castro, o Museo da Conserva, e unha travesía marítima ao interior da Ría de Vigo. Sen
O PASADO MES DE MAYO CUMPLÍUSE 147 ANOS DA INAUGURACIÓN DO “CABLE INGLÉS” EN VIGO.
Isto convertía a nosa cidade no punto neurálxico e estratéxico das comunicacións mundiales de boa parte do século XX. Foi o 17 de mayo de 1873 cando a maior empresa de telégrafo submariño do mundo: a “Eastern Telegraph”, fundada por John Pender, inauguraba a comunicación telegráfico-submariña entre Porthcurno, na rexión de Cornualles, entre Inglaterra e
CULTURA EN MARCHA! MUSEO DO MAR E SALINAE REABREN PORTAS
Boas noticias! Museo do Mar e Salinae, dous espazos colaboradores de Vigo Pesqueiro, onde coñecer a profunda vinculación histórica dos/as galegos/as co mar, reabriron as súas portas esta mesma semana, na que tamén celebramos o “Día Internacional dos Museos”, nesta edición 2020, co tema “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión”. Foi un “mar” de case
NAVEGANTES GALEGOS: GONZALO DE VIGO
Unha das nosas paradas habituales é a de “Gonzalo de Vigo”, sabedes quén foi?? Foi un mariño galego do século XVI, bautizado como o “Robinson Gallego” , que participou na expedición de Magallanes de 1519 da que desertou, vivindo durante catro anos cos indíxenas das Illas Marianas. Ata o 2013 non escoitaramos falar de él, cando
A ONG “ALDEAS INFANTILES” VISITA AO SECTOR DA PESCA E A CONSTRUCIÓN NAVAL
O pasado mes de febreiro realizabamos unha visita moi completa na que puidemos coñecer a magnitude do sector da pesca e da construción naval na ría de Vigo. O noso “PERCORRE” comezaba nas instalacións do porto de Vigo, para a continuación, visitar en Beiramar o Buque de Pesca “Cantábrico III”, e finalizar coa visita ao
II CONGRESO DE TURISMO INDUSTRIAL GALICIA-NORTE DE PORTUGAL NO MARCO DO CAMIÑO DE SANTIAGO PORTUGUÉS
FUNDAMAR celebrará o II Congreso de Turismo Industrial Galicia-Norte de Portugal, co apoio da Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo, o próximo 28 de novembro, no Salón de Actos do Museo do Mar de Galicia. Nesta segunda edición daranse cita profesionais de diferentes ámbitos do turismo, a educación e o patrimonio industrial,
VISITA FORMACIÓN NO ESTALEIRO “CARDAMA”
Unha visita para descobrer o funcionamento dunha das empresas de máis longa tradición na cidade; unha empresa que soubo adaptarse ás novas demandas do mercado, que soubo adaptarse aos novos tempos, invertindo entre outras cousas, en actualización e innovación de maquinaria a nível internacional. @s participantes estaban a cursar unha formación pre- universitaria na “Asociación
A LONXA DE PEIXE , CHAMADA PARA OS DE CHEFS!
A pasada semana realizamos a actividade máis demandada do Vigo Pesqueiro: “Descobre a lonxa do peixe” , unha actividade da que saímos cheirando á frescura, e impresionad@s pola variedade e cantidade de especies que despois de seren subastadas no Porto do Berbés, saen de Vigo para encher as mesas de milleiros de fogares. Sabías que
UN MES DE SETEMBRO MOI MARISQUEIRO
Cada mes de setembro o porto pesqueiro vístese de gala coa “Festa do Marisco”, que este ano celebraba a súa XVII edición. Para Vigo Pesqueiro este mes de setembro foiche tamén moi marisqueiro, posto que tivemos varios “percorre” porto pesqueiro e “descobre” lonxa de mariscos ou descobre “viveiro de mariscos”, cun público moi variado:
“TORALLA VILLAE E ILLA. VISITA AO ECIMAT”
Unha xornada fantástica investigando os recursos do mar en Toralla Comezamos unha nova xornada na Vila Romana de Toralla cuxos primeiros vestixios foran achados polos seus propietarios, a familia Mirambell , alá polos anos 20. A “Villae” é unha enorme casa xunto ao mar, que contaba coas súas propias salinas de onde se extraía o
“VACACIÓNS DE VERÁN” CON VIGO PESQUEIRO
Comezamos as actividades de verán “Vigo Pesqueiro” con grupos de participantes que están a disfrutar das súas “Vacacións de Verán” en campamentos dunha semana de duración organizados pola “Asociación Special Olympics”, que traballa para promover a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte, o ocio, a cultura e o voluntariado. Os
A SINGRADURA DE VIGO PESQUEIRO NO VIGO SEA FEST
Rematamos esta edición “Festival Arvi do Peixe” co corazón contento e a panza chea!! Dende o Programa “Vigo Pesqueiro” que pon en marcha “Fundamar” (Fundación da Pesca e o Marisqueo) ofrecimos nestes catro días un sabroso menú degustación das actividades que temos ao longo de todo o ano. O xoves comezamos coa lonxa de mariscos, que
“A TRAIÑEIRA” DA PESCA ARTESÁ Á PESCA INDUSTRIAL
O pasado sábado 22 de xuño acercémonos ao importantísimo patrimonio a flote da man de “Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas” Nosa visita comenzaba baixo “As Ondas do Mar de Vigo” de Martín Códax , que Pedro Sardiña inmortalizou neste fermoso mural , hinchando de lírica medieval a “Casa do Patín” , casa
VISITANDO A AXENCIA EUROPEA DE PESCA
O pasado mércoles 19 de marzo os nosos amigos/as de Vigo Pesqueiro tiveron a oportunidade de coñecer a “Axencia Europea de Control e de Pesca”, unha peza fundamental no sector, e exemplo de razón pola que Vigo é considerada como a capital europea do sector pesqueiro. A súa sede encóntrase na Rúa García Barbón, no
“PERCORRE” DENDE O BERBÉS ATA AS MALVINAS
Este pasado sábado tivemos unha visita na que percorrimos as orixes do Porto Pesqueiro de Vigo, no Casco Vello. Admiramos a ría de Vigo, que grazas á súa fantástica protección e excelente calado estivo dende tempos ancestrais nas rutas comerciais do Atlántico e do Mediterráneo, tal como evidencian os achados arqueolóxicos nos denominados castros costeiros.
“PERCORRE” CASCO VELLO, ORIXE DO PORTO DO BERBÉS
O pasado venres estivemos cun grupo que participaba no “ XXVII Congreso Nacional de Empresas de Formación celebrado en Vigo, con participantes chegad@ s de todos os puntos de España. Entre varias propostas elixiron a actividade “ Percorre Casco Vello, orixes do Porto” para coñecer as orixes do porto pesqueiro do Berbés, que converte a
UN MES DE MAIO NO QUE SE MULTIPLICAN AS VISITAS
Este mes de maio multiplicáronse as visitas ao porto con “Vigo Pesqueiro” pola colaboración entre “Fundamar”, Fundación para a pesca e o marisqueo, e “Viaxes InterRías”, que é o principal turoperador de grupos e circuitos de España. Os grupos,chegados principalmente de Madrid, pasan unha semana de viaxe por Galicia, e chegan a Vigo en autobús
“AS COUSAS DO MAR TAMÉN SE CONTAN NA TERRA”
A visita deste grupo de moz@s dun colexio de Vigo comezaba nas instalacións do Porto Pesqueiro de Vigo. A carón da frota de baixura, falabamos dos aparellos que se empregan e presentabamos as artes de pesca principais. Fomos afortunad@s por contar coa presencia da xerenta de “Fundamar”, e do biólogo da “Cofradía de Pescadores de
III FORO INTERNACIONAL DE PLANIFICACIÓN ESPACIAÑ MARIÑA
O pasado martes 14 de maio desde o programa de visitas “Vigo Pesqueiro” tivemos a honra de ser anfitrións dun dos grupos de traballo que participaba no III Foro Internacional de Planificación Mariña que tivo lugar en Vigo do 12 ao 15 de maio. Foi unha gran oportunidade o poder compartir parte do noso legado
“SEMENTAR, SEMENTAREI, LOGUIÑO DE CRAREAR…”
Xornada de Sementeira cos mariscadores de Vigo no areal da ETEA Inauguramos o mes de maio pesqueiro cunha fermosa xornada na que axudamos aos mariscadores na sementeira do areal de Ríos, na xa desmilitarizada ETEA, base militar do interior da ría. Aos nos@s vigopesqueir@s tocoulles madrugar un pouquiño: Atopámonos ás 10.00 no parking da praia
A GAIVOTA CARLOTA VOLTA AO PORTO PESQUEIRO DE VIGO
A gaivota Carlota visitounos por segunda vez para finalizar as saídas Vigo Pesqueiras do mes de abril e viu acompañada dun grupo moi especial: por unha banda, avoíñ@s que viñan da asociación AFAGA (Asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer e outras demencias) e por outra, @s máis cativ@s do CP San José da Guía
ORIXINAL “EXPERIENCIA PARA DÚAS PESOAS”
Este pasado sábado realizamos unha das nosas actividades “ Percorre Porto + Viveiro de Mariscos” cunha parella do País Vasco. Tratábase dunha sorpresa de aniversario e converteuse nunha orixinal e completa “experiencia para dúas persoas”. Estaban aloxados no Hotel Bahía, así que alí comezamos a visita. A nosa primeira parada foi na Ribeira do Berbés,
VIGO PESQUEIRO, UNHA ACTIVIDADE IDEAL PARA TODA A FAMILIA
Ás veces resúltanos complicado atopar opcións de lecer cando viaxamos en familia, sobre todo cos máis peques. Se este é o voso caso , animámosvos a sumarvos á experiencia VigoPesqueira en familia, seguro que non vos defraudará. A semana pasada contamos cunha familia procedente de Madrid coa que realizamos a actividade “Percorre Porto Pesqueiro +
VISITA DENDE ITALIA
Empezamos o ano Vigo Pesqueiro cunha visita chegada desde o Mediterráneo, desde Italia. Tratábase dunha sorpresa de aniversario e encheunos de ledicia que nos elixisen para celebralo. Tratábase da súa primeira visita a Vigo e prometéronnos que non sería a últimaJ Foi o sábado 12 de xaneiro, un día moito frío pero cunha luz fantástica,
ACTIVIDADES VIGO PESQUEIRO: PERCORRE, NAVEGA E DESCOBRE
Resumo dalgunhas das nosas actividades dentro dos Percorre, Navega e Descobre que forman parte do proxecto VIGO PESQUEIRO +info: +34610312685 www.vigopesqueiro.com
UN NOVO PASO ADIANTE PARA POÑER EN VALOR O PATRIMONIO INDUSTRIAL DA RÍA
O sábado 5 de maio deuse un paso adiante para a posta en valor do patrimonio industrial da Ría de Vigo, da man de Manuel Lara, presidente da asociación galega de patrimonio industrial “Buxa”, e a bordo de Piratas de Nabia, @s Vigopesqueir@s tivemos a oportunidade de coñecer que cada recuncho da nosa ría
OBRADOIRO DE MARISQUEO EN BOUZAS
O 20 de abril, e despois de dous aprazamentos debido ao duro inverno que tivemos, fixemos o obradoiro de marisqueo na praia de Bouzas co alumnado de 4 e 5 anos do Colexio Sobreira de Valadares. Ás 10:00 da mañá dun día moi soleado comezaba a nosa actividade; @s alumn@s chegaban á praia de Bouzas,
A PASADA SESMANA CRECEU A NOSA FAMILIA DE VIGO PESQUEIRO INTERNACIONAL!!!
O mércores 25 estivemos cun grupiño de Hungría e o xoves 26 cun Liceo de Burdeos que estaba de intercambio co instituto Castelao de Vigo. Ámbolos grupos estaban interesados en visitar o Porto do Berbés, por ser como eles mesmos definiran, “o atractivo máis importante da cidade” . Ao final da visita entenderan que Vigo
A GAIVOTA CARLOTA NO PORTO DE VIGO: COLEXIO SAN JOSÉ DA GUÍA E AFAGA ALZHEIMER
O 23 de febreiro tivemos unha visita moi especial, @s alumn@ s de 4 e 5 anos do Colexio San José da Guía, da man d@ s usuari@s do Centro de Día Beiramar AFAGA Alzheimer viñeron coñecer o Porto Pesqueiro de Vigo e o viveiro de mariscos López Novoa co seu proxecto a “Gaivota Carlota”,
VIAXE AO PASADO NA VILA MARIÑEIRA DE BOUZAS.
Este sábado, acompañados da responsable do Museo ANFACO e dun bonito día de outono, tivemos a oportunidade de percorrer as rúas da antiga vila de Bouzas, penetrándonos no seu patrimonio histórico e industrial. O percorrido comezou na antiga fábrica conservas de peixe de Bernardo Alfageme, que condensa a historia industrial da cidade olívica por tratarse
PASEO POLA RÍA DE VIGO NO NAUTILUS
“Pues bien, señor Aronnax, estamos en la bahía de Vigo y sólo de usted depende que pueda conocer sus secretos”. Así se refería o Capitán Nemo aos tesouros ocultos da Ría de Vigo en “Veinte mil leguas de viaje submarino” de Julio Verne; e así comezaba a nosa viaxe o pasado sábado, 21 de outubro.
VISITA AO INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS – CSIC CON VIGO PESQUEIRO.
O pasado 25 de Agosto tivemos a oportunidade de guiar con Vigo Pesqueiro, a un grupo de 25 persoas procedentes de diferentes puntos de España e interesados locais de Vigo, que aprecian e teñen curiosidade polos nosos méritos en investigación mariña. No IIM-CSIC, esperábanos Sonia Dios, Vicedirectora do IIM-CSIC, que nos presentou, cun breve vídeo,
VISITA AO PORTO DE VIGO E UNHA CETARIA
O pasado 11 de agosto tivemos a oportunidade de guiar con Vigo Pesqueiro, a un grupo de turistas procedentes de Madrid e Asturias , un grupo de nen@s, e varios turistas locais que aprecian a gastronomía e historia de Vigo. Comezamos a visita cun percorrido polo Porto Pesqueiro de Vigo, aproximando aos participantes aos datos
VISITA Á LONXA DE MARISCOS CON VIGO PESQUEIRO!
O pasado 8 de agosto tivemos a oportunidade de guiar con Vigo Pesqueiro, a un grupo de turistas procedentes de Alemaña, Barcelona, Madrid, e turistas locais de Vigo que aprecian a nosa gastronomía e a nosa historia. Comezamos a visita cun percorrido polo Porto Pesqueiro de Vigo, aproximando aos participantes aos datos máis xerais dun
UNHA FOODIE POLACA CON VIGO PESQUEIRO
O pasado 18 de Xullo tivemos a oportunidade de guiar con Vigo Pesqueiro, a unha blogger gastronómica Polaca; unha ?Foodie? con moito interese pola nosa gastronomía, os nosos produtos e a nosa historia. Comezamos a visita cun percorrido polo Porto Pesqueiro de Vigo, aproximando aos participantes aos datos máis xerais dun dos enclaves pesqueiros de
TALLER DE MARISQUEO CON APAMP
O pasado 12 de xullo tivemos a fortuna de poder organizar, xunto coa Agrupación de Mariscadores/as “Illa de Toralla” un taller para os nenos e nenas do campamento de verán de APAMP Vigo. Unha trintena de nenos e nenas entre 5 e 12 anos puideron gozar dun día cheo de aventuras e anécdotas marisqueando cuns
VIGO PESQUEIRO NO VIGO SEAFEST!
O pasado 7, 8 e 9 de Xullo tivo lugar o Vigo SeaFest, un festival que vén para quedar, cheo de cor, bo ambiente, música e moito peixe, promovido e organizado por un dos patróns de FUNDAMAR: a Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI), O Vigo SeaFest ponse en marcha co obxectivo de
VIGO PESQUEIRO NO VIGO SEAFEST
Estas son as actividades que organizamos coincidindo con Vigo SeaFest, Festival ARVI do Peixe, para os próximos días 7, 8 e 9 de xullo. Esperamos contribuír a que se coñeza mellor o noso porto e como é a vida das persoas que traballan nel. Podes comprar as entradas das actividades no noso stand de
VISITA A CARDAMA
O pasado 13 de Xuño, Vigo Pesqueiro organizou unha visita a un dos estaleiros máis importantes de Vigo. Vigo é unha das cidades máis industriais do noroeste de España, conta con máis de 400.000 habitantes, ten unha gran ría natural con varios estaleiros de construción e reparación de buques, así como, de peiraos de atraque
RAFAEL E A SÚA PAIXÓN POLA COMIDA GALEGA. MAKE-A-WISH SPAIN
O 19 de xuño Vigo Pesqueiro tivo un cometido moi especial… axudar a cumprir a ilusión de Rafael! Días antes, desde Fundación Make-A-Wish Spain, entidade sen ánimo de lucro que ten como misión provocar ilusión nos nenos que padecen enfermidades graves, puxéronse en contacto connosco e aproximáronnos á curiosa e especial ilusión de Rafael. Polas
VISITA A TORALLA E ECIMAT
O pasado 2 de Xuño, Vigo Pesqueiro conquistou unha das Illas máis emblemáticas e polémicas da ría de Vigo: a illa de Toralla . Os participantes de Vigo Pesqueiro tiveron a ocasión de coñecer a Estación de Ciencias Marinas de Toralla (ECIMAT) da Universidade de Vigo. A ECIMAT foi inaugurada no 2006 dando resposta ás
VISITA A PUERTO VIEIRA
O pasado 30 de maio máis dunha decena de persoas uníronse á visita de Vigo Pesqueiro para coñecer unha das empresas con máis historia e renome no sector pesqueiro dentro da Ría de Vigo. Puerto Vieira, empresa que forma parte do Grupo Eduardo Vieira S.A., presta servizos de almacenamento frigorífico e loxística desde 1975. Puerto
SUBASTA DE MARISCOS!
O 25 de Maio uníronse á ruta de Vigo Pesqueiro, máis dunha decena de persoas para visitar este recurso tan importante en o Porto de Vigo. Durante o mediodía, que é cando realizan a poxa de luns a xoves, tivo lugar unha visita guiada ás instalacións da lonxa de Mariscos da man do coordinador da
VISITA GUIADA Á ETEA
O pasado 25 de Febreiro e o 6 de Maio uníronse á ruta de Vigo Pesqueiro, máis de 30 persoas para visitar este recurso tan importante na Ría de Vigo e na súa área metropolitana. Durante media mañá tivo lugar unha visita guiada ás instalacións da ETEA, Escola de Transmisións e Electricidade da Armada Española,
VIGO PESQUEIRO CON DOWN VIGO E APAMP
Durante os meses de febreiro e marzo acompañáronnos nas nosas actividades dúas entidades de referencia na nosa cidade: APAMP e DOWN VIGO. APAMP visitou o viveiro de mariscos López Novoa, onde os participantes identificaron con curiosidade as diferenzas das distintas especies: nécoras, centollas, bogavantes, etc. Juan, xerente de López Novoa e o mellor dos anfitrións,
SABER DE ONDE VIMOS, PARA SABER QUENES SOMOS.
Un dos aspectos máis atractivos do turismo industrial é o que está relacionado co que se denomina arqueoloxía industrial. Esta curiosa denominación non nos fala de escavacións para desenterrar vellas fábricas, pero si que nos pon en contacto cos primeiros tempos da industria. Trátase de recuperar restos da cultura industrial que teñan un valor
NON HAI QUEN POIDA COA XENTE MARIÑEIRA!!
O pasado sábado, 4 de febreiro gozamos dunha nova edición da nosa ruta “PERCORRE”. Desde o punto de partida habitual neste tipo de ruta: a Oficina de Turismo de Vigo, percorremos diversos escenarios relacionados coa historia pesqueira da nosa cidade, para finalizar cunha visita á Cetaria López Novoa. O día, climatológicamente falando, resultou monstruoso, xa
OS NOSOS PRIMEIROS MESES DE VIDA
Cando estamos a piques de comezar unha nova etapa, parécenos un momento oportuno para botar a vista atrás. Imos lembrar como foron os nosos primeiros pasos, dados na segunda metade do ano pasado. No mes de xullo de 2016 presentabamos un proxecto. Era un simple borrador, pero o noso obxectivo estaba moi claro: queriamos dar
VISITA O VIGO PESQUEIRO E UNHA CETARIA
Tras o descanso do mes de xaneiro, que utilizamos en temas organizativos, volvemos poñer en marcha un calendario moi completo e cheo de alternativas. Comezamos o mes de febreiro cunha actividade do noso “PERCORRE”. Nesta ocasión ademais dos fitos do Vigo Pesqueiro, visitaremos unha cetaria con máis de 35 anos anos de experiencia
NAVEGA POLA RÍA CUNHA CIENTÍFICA
O sábado 17 de decembro volve a nosa ruta NAVEGA… pero farao cunha novidade. As primeiras edicións estiveron dedicadas a dar a coñecer o noso patrimonio industrial. Como a ría é un amplo espazo, nunha ocasión dirixímonos cara ao fondo da ría e noutra cara á zona sur. Esta oportunidade será moi diferente. Acompañaranos unha
VISITA GUIADA A NUEVA PESCANOVA, SÁBADO, 10 DECEMBRO.
SÁBADO 10 DEC ás 11:15 h Rúa José Fernández López. s/n Chapela – Redondela Tras a nosa extraordinaria experiencia no planetarium do Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico (moitas grazas ao profesor Juan J. Louro, foi unha delicia), poñemos de novo en marcha unha das nosas rutas DESCOBRE. Nesta oportunidade trátase dunha interesantísima visita guiada a
O LUNS, 5 DECEMBRO, FAREMOS UNHA VISITA ESPECIAL: E PLANETARIUM
O luns, 5 de decembro, teremos unha visita moi especial. Achegarémonos ao Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico para que Juan José Louro Lojo, profesor de Astronomía Náutica e Navegación, ensínenos a orientarnos guiándonos polas estrelas. Non é unha tarefa fácil, pero contaremos coa axuda dun extraordinario Planetarium que foi o primeiro de España e o
ESTE SÁBADO, 3 DECEMBRO, COÑECE POR DENTRO O MUNDO DA PESCA
Neste sábado volvemos poñer en marcha unha das nosas rutas PERCORRE. Nestas rutas partimos da Oficina de Turismo de Cánovas do Castelo, para realizar un percorrido no que iremos coñecendo os aspectos máis curiosos do Vigo pesqueiro, especialmente pola zona do Berbés, que é a orixe do noso porto. A continuación entramos nas instalacións do
CONGRESO DE TURISMO INDUSTRIAL GALICIA-NORTE DE PORTUGAL
O mércores 26 de outubro, no salón de actos de Fundamar-ARVI terá lugar o primeiro Congreso de Turismo Industrial Galicia-Norte de Portugal. Ás 10, as autoridades recibirán aos 60 participantes que durante toda a mañá asistirán a un bo número de pequenas exposicións por parte de especialistas en turismo industrial. Experiencias de promoción, de creación
VISITA PILOTO DE VIGO PESQUEIRO
O luns 24 de outubro de 2016 é unha data clave no noso proxecto de turismo industrial, xa que nese día fixouse a realización dunha visita piloto que contará coa presenza de diversas autoridades e dos medios de comunicación. Realizarase un exemplo reducido dunha das nosas rutas polo porto pesqueiro, incluindo a posibilidade de coñecer
TEMPADA ALTA DE CRUCEIROS NA NOSA RÍA
En Porto de Vigo está a alcanzar no mes de setembro as súas mellores cifras de tráfico de cruceiros. A semana do 17 ao 23 de outubro resultou a máis proveitosa do exercicio, cuns 23.000 pasaxeiros recalando na nosa cidade. Isto foi posible grazas á chegada de buques de gran porte, como o Independence of
CRECENTE ACTIVIDADE NOS NOSOS ESTALEIROS
Os últimos tempos están a marcar unha clara tendencia á alza da carga de traballo dos nosos estaleiros. Mentres Barreiras finaliza o encargo do flotel, Reforma Pemex, para a petroleira mexicana, os estaleiros Cardama celebran o seu centenario cunha considerable actividade. Á súa vez, Vulcano triunfa co seu valente aposta sobre o ferrie, para o
CONXEMAR SEGUE BATENDO AS SÚAS MARCAS
A edición número 18 de Conxemar volveu a superar as cifras de visitantes. A que xa se estabilizou como a segunda feira máis importante de Europa, excedeu unha afluencia de 30.000 persoas e marcou unhas cifras de negocio de 1.800 millóns de euros. A presenza de profesionais de 108 países abarrotou os 32.000 metros cadrados
PRESENTACIÓN DO NOSO PROXECTO
No pasado mes de xullo, presentamos o que soamente era un proxecto. Vigo Pesqueiro achegábase por primeira vez ao salón de actos de Fundamar/ARVI para mostrarse aos sectores turístico e pesqueiro da nosa cidade. Nunha xornada partida, comezamos a mañá cunhas charlas informativas de presentación deste novo produto de turismo industrial dirixidas a todos os
PROMOVE:
FINANCIAN:
COLABORA:
SUBSCRÍBASE Ó NOSO BOLETÍN
En Vigo Pesqueiro temos moitas cousas que contarte, así que non perdas ninguna nova, novidade, evento ou proxecto que realicemos.